Salientamos

Baixo o lema “Mudemos o sistema, non o clima!”, a Rede Anticapitalista únese desde Galiza á xornada global de mobilización contra a mudanza climática neste 12 de decembro.

Ciclousuarios e ciclousuarias contra o cambio climático

12 de decembro: Mudemos o sistema, non o clima!

12 de decembro. Día de Acción Global contra o cambio climático
Mudemos o sistema, non o clima! Pedalada contra  o cambio climático
Saída as 12:00 dende a Alameda. Compostela
Trae bucina, timbre, chifres . . .e a túa bicicleta decorada! Ler máis »

O SLG reclama a modificación da actual política agraria

Mobilizacións 20-N SLGOnte a Secretaria Xeral do SLG, Carme Freire Cruces, deu conta en rolda de prensa en Santiago das accións reivindicativas que terán lugar hoxe venres 20 en toda Galiza. Ditas mobilizacións a prol da modificación das actuais políticas agrarias, en demanda de prezos mínimos e regulación das marxes comerciais, enmárcanse na convocatoria que será secundada en todo o Estado español e que fará cumio o vindeiro sábado 21 cunha grande manifestación multisectorial en Madrid .

Máis información no web do SLG

A tractorada virtual volve á Internet galega, esta vez durante 5 días

Perante a nova convocatoria do SLG, a RA! volve a lanzar a convocatoria dunha tractorada virtual. Desta volta os tractores encherán as páxinas galegas en apoio ás demandas dos nosos gandeiros durante 5 días: do 13 ao 17 de Xullo. A que esperas para te unires a eles? Non precisas un tractor: abonda con ter un web, un blog, unhas páxinas persoais onde poder insertar durante eses días o código HTML que atoparás na páxina de primeira convocatoria.


A PAC e as políticas neoliberais seguidas polos distintos gobernos centrais e da Xunta teñen posto nunha situación de exterminio aos pequenos produtores do noso país. O dominio do mercado e da política dos prezos polas grandes distribuidoras están a deixar na indefensión aos nosos gandeiros e gandeiras.

Desde hoxe 14 ata o 17 de xullo o Sindicato Labrego Galego e outras organizacións agrarias teñen convocadas tractoradas polas rúas do país.

A RA expresa o seu apoio a tales mobilizacións pois entende que se trata claramente da consecuencia de políticas sistémicas que persegue eliminar ás pequenas explotación e poñer toda a alimentación ao servizo das grandes compañías.

A RA solidarizase cos labregos e labregas galegas e amosa o seu apoio ao SLG que están a manter unha actitude de valentía e dignidade diante do illamento ao que os queren someter.

Xoves 9 de xullo: Galiza contra o G8

Stop G8Coincidindo coa xuntanza do G-8 en L’Aquila (Italia) que trata de refundar o capitalismo, a Rede Anticapitalista ( RA! ) convoca concentracións o xoves 9 de xullo en distintos lugares de Galiza.

Compostela, ás 21:00 horas na praza do Toural
Lugo, ás 20:00 horas na Praza Maior
Ourense, ás 20:30 horas na rúa do Paseo
Pontevedra, ás 20:00 horas na praza da Peregrina
Vigo, por confirmar
Ler máis »

A Ra! solidarízase coa poboación hondureña diante do consulado

Concentración no Consulado de Honduras na CoruñaCompostela 02/06/09. Ás  20,30 horas de onte mércores, día 1 de xullo, organizacións da Rede Anticapitalista galega (RA!) deron conta dunha concentración simbólica, dunha hora de duración,  diante do consulado honorífico de Honduras, na cidade da Coruña. Envía mensaxes de repudio aos golpistas hondureños!!! Ler máis »

Honduras: A Ra! esixe a volta do presidente Zelaya e un posicionamento claro das institucións galegas e mundiais

Galiza 29/07/2009-. Co obxectivo de profundar a democracia e lograr unha maior participación democrática, desde hai algúns meses as organizacións sociais de Honduras, xunto ao Presidente Manuel Zelaya Rosales, promoveron realizar unha enquisa para o este 28 de Xuño do 2009. Con gran sorpresa ese mesmo día ás 05:00 am, as forzas armadas executaron un Golpe de estado e secuestraron ao Presidente Zelaya, truncando así as aspiracións democráticas da poboación que se preparaba para realizar a enquisa popular. Ler máis »

CÓMPRE RECUPERAR A MEMORIA, CÓMPRE RECUPERAR A HUMANIDADE

27 de xuño: A RA! Coa manifestación do Foro de Inmigración en Compostela

A RA! (Rede Anticapitalista) e os colectivos e as persoas que a conforman asinamos o manifesto elaborado polo Foro da Inmigración, e aprobado na recén celebrada ASEMBLEA GALEGA DE MIGRANTES E EMIGRATES RETORNADOS, contra o anteproxecto da reforma de Lei de Estranxeira, que supón un ataque frontal contra os dereitos humanos e persegue dificultar á vida as persoas migrantes. Asemade, imos participar e apoiar coa nosa presenza a manifestación que en favor dos dereitos dos inmigrantes vaise a celebrar en Compostela o sábado 27 de xuño á partir das 12,00 horas en Compostela (dende a Alameda ás Praterías). Ler máis »

Mil tractores reais e centos virtuais

Máis dun cento de webs galegas e algunhas de fóra das nosas fronteiras, entre portais, blogs e redes sociais cibernéticas, uníronse á tractorada virtual convocada pola rede Anticapitalista RA! en apoio á acción homónima, esta real e ben visíbel, que levou mil tractores polas rúas galegas pola dignidade labrega. Ler máis »

Únete á tractorada virtual da RA! e do SLG

Como xa anunciabamos hai uns días, a Rede Anticapitalista galega vaise sumar á tractorada deste mércores 17 convocada polo SLG baixo a demanda de prezos mínimos para o leite e a modificación das políticas agrarias. Os que queiran sumarse á tractorada abondará con pegaren o seguinte código nas súas páxinas (xusto antes da etiqueta </BODY>, ao final da páxina) despois das 00:00 h do mércores 17 de Xuño. Ler máis »