Nace a Rede Anticapitalista Galega (Ra!) para transformar un sistema produtor de pobreza e insostible

Diversos colectivos galegos e persoas a titulo individual únense para respostar a unha crise sistémica e dar alternativas de transformación dende unha óptica galega. O 28 de marzo terá lugar a presentación da Ra! en actos descentralizados por Galiza e nun acto central en Compostela (Praza das Praterías, ás 12:00 horas) que resposta tamén ao cumio do G20 en Londres.

Presentación pública da Ra!

Este 28 de marzo, coincidindo coas mobilizacións globais contra o cume do G20 en Londres, a Rede Galega Anticapitalista, a RA! , fará a súa presentación pública en Compostela (Praza das Praterías, ás 12:00 horas) e noutros lugares do país (Lugo, o mesmo día; ver abaixo). Para os colectivos da RA! “A esquerda institucionalizada abandonou hai tempo os programas de transformación social. Somos os movementos sociais quen temos que reaxir diante da incertidume”.

A RA! nace nace no noso país ante a situación de crise que está a vivir o mundo enteiro, unha crise de dimensións múltiples. As solucións que impoñen dende o poder –máis libre comercio, cartos públicos para rescatar os bancos, o sector automobilístico e inmobiliario, máis oligopolios, máis transxénicos, etc.– tratan de agachar que a crise é produto do sistema capitalista, que só afondará os seus impactos sobre os pobos, as persoas e sobre o conxunto do planeta.

Co evento do 28 de Marzo, a RA! manifesta a súa diposición a artellarse con outras mobilizacións globais, como a que terá lugar ese mesmo día en contra da xuntanza do G-20 en Londres, baixo o lema, “Decídelle ao G-20 que primeiro é a xente”. O 17 de abril, Día Internacional da Loita Labrega e pola Soberanía Alimentar dos Pobos, desenvolveránse novas protestas orientadas a concienciar e informar á cidadanía e a presionar aos poderes políticos para que emprendan cambios reais. Este sistema non nos vale.

Quen forma a RA!

+INFORMACIÓN

2 comentarios

  1. Unha suxerencia ao abeiro da Rede Galega Anticapitalista: crear (ao xeito de rede de blogues pola lingua) unha rede galega de blogues anticapitalistas. que vos parece???

    Enviado o 05/05/2009 ás 8:48 p.m. | Permalink
  2. admin

    Pois é unha idea interesante que habemos debater. Grazas!

    Enviado o 06/05/2009 ás 6:42 a.m. | Permalink

Envía un comentario

O teu e-mail nunca será publicado nin divulgado. Os campos requeridos están marcados con *

*
*